lunes, 9 de mayo de 2011

Lois Pereiro: Mostra bibliográfica



Dentro das actividades de celebración do Día das Letras Galegas e de difusión do autor homenaxeado este ano, o poeta Lois Pereiro, a Biblioteca Xosé Neira Vilas exporá nas súas instalacións unha escolma da bibliografía publicada ao redor do escritor, que poderán consultar todas as persoas usuarias do centro e que favorecerá o achegamento á súa vida e á súa obra. De forma complementaria, e a través de diferentes paneis informativos, farase un breve percorrido polos momentos máis significativos da súa vida, analizando tamén as súas creacións máis importantes.   

Do 9 ao 21 de maio de 2011
Horario de apertura da biblioteca



No hay comentarios:

Publicar un comentario