lunes, 9 de mayo de 2011

Exposición: Coñecendo a Lois Pereiro




Co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas e a figura homenaxeada este ano, o poeta Lois Pereiro, e no seu afán de converterse nun centro de referencia, formación e información, a Biblioteca Xosé Neira Vilas exporá nas súas instalacións unha pequena mostra composta a base de paneis informativos que farán un breve percorrido polos momentos máis significativos da súa vida e que analizará as súas creacións máis importantes.

Desta maneira a Biblioteca Neira Vilas quere contribuír achegar á cidadanía a figura de Lois Pereiro, unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX, pero tamén das máis descoñecidas.

A mostra poderá verse do luns 9 de maio ata o vindeiro sábado 21, no horario de apertura da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario