viernes, 13 de mayo de 2011

Día das Letras Galegas 2011. Lois Pereiro



A Biblioteca Xosé Neiras Vilas, continuando coas actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, organiza o vindeiro luns 16 de maio, ás 19.00 horas, unha lectura pública na que se fará un percorrido polos momentos máis importantes da vida do homenaxeado este 2011, o poeta monfortino Lois Pereiro, máximo representante da contracultura dos anos oitenta e unha das voces máis persoais da lírica galega de finais do século XX. Dará comezo a esta lectura o concelleiro de cultura, Xesús López Carreira, seguido de todas aquelas persoas que queiran sumarse a esta homenaxe.

A continuación celebrarase un recital poético-visual a cargo da poeta Olga Patiño, que acompañada do escritor Francisco Fernández Naval e a fotógrafa Maribel Longueira, ofreceranos un espectáculo no que a palabra e a imaxe se fusionan ao redor dos versos de Lois Pereiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario