martes, 26 de abril de 2011

Consulta do catálogo da biblioteca en internet

Vista do OPAC (catálogo público en liña)


Dende hoxe o catálogo da Biblioteca Xosé Neira Vilas está accesible en internet  dende o noso blog ou no seguinte enlace:


Unha vez dentro poden facerse buscas no fondo da bilioteca de forma sinxela, avanzada, xerárquica... Tamén se poden consultar aqueles fondos máis solicitados, os que máis se prestan e unha ampla gama de posibilidades máis.

Da mesma forma, as persoas usuarias da bilioteca poden acceder á súa sesión privada, na que poden consultar o estado dos seus préstamos, facer reservas de libros, suxestións de compra de novos fondos ou comentarios aos libros que queiran compartir co resto dos/as socios/as.

Toda a información sobre o funcionamento do catálogo en liña e as súas posibilidades está dispoñible nas pestanas laterais da páxina principal do OPAC.

2 comentarios:

  1. Por fin! Xa esperabamos esta consulta con ansiedade...
    Bravo polo bo traballo,

    ResponderEliminar
  2. Bravo polo bo traballo!
    Xa tiñamos moitas ganas de dispoñer deste beneficio....

    bss

    ResponderEliminar