jueves, 24 de marzo de 2011

Inauguración da Biblioteca Xosé Neira Vilas



Esta tarde ás 18:00h o Tenente de Alcalde, Santiago Domínguez Olveira, o Concelleiro de Cultura, Xesús López Carreira, e o Director Xeral do Libor, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, inauguraron a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas. O acto, ao que acudiu o propio Neira Vilas e que contou coa presenza de numeroso público e autoridades, estivo amenizado por Cándido Pazó, que presentou parte do seu espectáculo “Memoria das Memorias dun neno labrego”.

Abre así as súas portas a primeira biblioteca de proximidade da cidade de Vigo, co obxectivo de satisfacer as necesidades e inquietudes culturais e informativas da poboación que vive na zona do Calvario-Lavadores e de converterse nun lugar de referencia e de encontro, contribuíndo ao mesmo tempo ao desenvolvemento local.

3 comentarios:

  1. AGORA ESTA, PERO COMPREN MÁIS. A inauguración da Biblioteca XNV é unha actuación salientable do Concello de Vigo, a anterior biblioteca pública da cidade foi inaugurada en marzo de 1995, hai 16 anos; dende aquela esta é a primeira biblioteca 100% municipal e que abre a vía para unha rede ben concebida e ben organizada. Unha biblioteca pública en 16 anos!!! (a da EAO é pública porque é do Concello pero é de acceso restrinxido e especializada).
    Levamos máis de 20 anos de retraso en política bibliotecaria respecto ás cidades semellantes a Vigo, non merecemos esta situación e a nova biblioteca é un paso adiante importante que non pode parar, a pesar da crisis; o futuro é o coñecemento, a formación da cidadanía e sen isto non hai crisis que se supere. Por tanto, o pouco que haxa hai que aproveitalo invertindo en educación e cultura: non hai outra.
    Interesante biblioteca, pequena pero moi completa e cun equipo prometedor.
    Noraboa ao Concello e adiante.

    ResponderEliminar
  2. Vicepresidenta de ANABAD-Galicia (Asociación de Bibliotecarios)25 de marzo de 2011, 21:16

    Dende a asociación de Bibliotecarios de Galicia, quero felicitar a Concellería de Cultura por esta iniciativa. Xa era hora que unha cidade como Vigo tivese unha rede de bibliotecas públicas tal e como sucede na maioría de cidades de tamaño semellante.
    Dende a Asociación recoñecemos o esforzo económico, nestes momentos de crise, que tivo que facer o Concello para acadar esta instalación e animámolo a seguir por este camiño.

    ResponderEliminar
  3. E mais que fan falla,supoño que en moitas zoas de Vigo ainda faltas bibliotecas e a xente ten que desprazarse bastante para acceder a unha biblioteca,asi que parebens por esta acabadiña de inaugurar e ánimo para facer máis e fomentar algo tan bó para unha cidade e para a xente.

    ResponderEliminar